martes, 18 de noviembre de 2014

XORNADA DE TRABALLO E LECER

O xoves día 13 o alumnado de 1º e 2º da ESO gozou dunha mañá na impresionante paraxe das Fragas de Eume como parte da realización dun proxecto no que están a traballar.

Acompañados de D Ignacio Permuy fixemos un roteiro recibindo as explicacións e aclacións que xurdían ante o percorrido. 
Rematamos coa visualización dun video e a visita ao cenro de interpretación.


Agradecemos a colaboración e disposición dos seus empregados, tanto de D. Ignacio Permuy como de D. Luis Costa, que fixeron unha impotante aportación ao densenvolvemento do proxecto.

1 comentario:

  1. Coñecer a nosa contorna é básico para respectala, apreciala e tamén para presumir dela. Debemos estar orgullosos do noso e estas saídas didácticas son o xeito de que os nos@s rapaces e rapazas descubran en profundidade o valor que ten o que temos tan pretiño. Grazas profes.

    ResponderEliminar